CONGRESO NACIONAL INTERNET NA AULA
Recomendamos visitar con atención e tempo os múltiples recursos que nos ofrece o Congreso Internet na Aula.
Unha manchea de talleres e experiencias educativas.
CONGRESO NACIONAL INTERNET NA AULA
Recomendamos visitar con atención e tempo os múltiples recursos que nos ofrece o Congreso Internet na Aula.
Unha manchea de talleres e experiencias educativas.
CONGRESO NACIONAL INTERNET NA AULA
ANOTACIÓNS PARA O ACTO DE ENTREGA DO PREMIO DE BLOGS ESCOLARES "BARBÓN BLOG"
SALÓN DE ACTOS DO IES GARCÍA BARBÓN
HORA: 12.00
INTERVIRÁ E ENTREGARÁ OS PREMIOS E OS DIPLOMAS A DIRECTORA DO CENTRO
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
1.- UN INTERESANTE VÍDEO PARA INAUGURAR
2.- OUTRO VÍDEO FENOMENAL PARA CONTINUAR (ALUMNAS DE ENFERMERÍA)
3.- UN NOVO E NOVIDOSO VÍDEO PARA REMATAR
35 MEMORIAS USB
35 DIPLOMAS
Bases do II Premio Espiral de Edublogs 2008
BLOGS PREMIADOS NA SEGUNDA EDICIÓN DO PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS 2008
NORABOA PARA TODOS/AS
Estimados/as compañeiros/as: Teño a ben informar -dunha parte- do traballo de formación do profesorado e do alumnado que se realiza no noso centro e de manifestar os meus parabéns aos coordinadores dos grupos de traballo cos que veño colaborando: Rosa Alonso e Manuel López e a todos os profesores/as que participaron.
Por unha banda, o proxecto Orientarse con internet vinculado á formación no ámbito de internet do alumnado -en particular nas aplicacións da web 2.0- e sobre temas de información académica e profesional.
Pola outra banda, o esforzo de formación permanente -en centro- do profesorado. Unha boa parte das actividades realizadas no curso 2007/2008 podemos consultalas no blog de Grupo de traballo BARBÓN BLOG.
Por último, comunicar que estamos -habitualmente- potenciando a creación de blogs entre o alumnado . Por iso, creamos os PREMIOBLOGS que se van entregar a finais de maio de 2008. Para saber máis sobre os Premios para Blogs dos alumnos/as hai que visitar o blog dos PREMIOS.
Esquemas 1 - Get more free documents
Pradolongo - Quen puidera namorala from pradolongo on Vimeo.
Temos unha boa nova para todas as persoas interesadas polo uso de internet no ámbito educativo e, en particular, pola utilización dalgunha das aplicacións da chamada web 2.0. CARLOS SANTOS está a traballar -conxuntamente con outras persoas- para que sexa posible a realización do 3º Encontro de Edublogs.
A miña noraboa para todas as persoas que van facer posible tal evento.
ÁNIMO E A PARTICIPAR !
1.- Bases de participación no Premio de Blog Escolares.
- Poden participar todos os alumnos/as matriculados no IES García Barbón.
- O blog debe ter, entre outras aportacións, contidos didácticos relacionados cos estudos que realizas.
- Só se consideran os blogs redactados en lingua galega -normativa oficial-.
- Un dos temas do blog ten que facer referencia ao teu futuro académico e profesional.
- Os blogs poden ser individuais ou grupais.
2.- Criterios para a valoración dos blogs escolares.
- Contidos e estructura xeral do blogs.
- Frecuencia das anotación e comentarios.
- Ligazóns recomendadas.
- Deseño e orixinalidade.
3.- Procedemento de participación.
Entre o día 15 de xaneiro e o 15 de maio de 2008 os alumnos/as poden presentar o seu blog ao Premio de Blogs Escolares.
Para presentar un blog ao Premio hai que mandar un correo electrónico a: premioblogs@gmail.com
no que se detallen as informacións que se anotan:
Nome e apelidos do autor/a | Curso/Nivel |
Nome do blog | URL do blog |
Comentario breve sobre o blog que se presenta |
4.- Publicación de propostas de blogs e premios.
Unha vez recibida a proposta de participación no correo electrónico, faremos pública a candidatura no blog:
O día 23 de maio de 2008 publicaremos no Blog os nomes
das persoas e os blogs premiados.
A entrega de premios terá lugar no Salón de Actos do
IES García Barbón o día 30 de maio de 2008
Cada participante recibirá un agasallo.
PREMIOS |
UNHA CÁMARA DE FOTOS DIXITAL |
SEGUNDO PREMIO UN MP4 |
TERCEIRO PREMIO UN PEN DRIVE DE 4GB |